Educación, Cultura e Normalización Lingüística Educación, Cultura e Normalización Lingüística

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Educación, Cultura e Normalización Lingüística Educación, Cultura e Normalización Lingüística

Atrás

Cabalgata de Reis - Rianxo 2017

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán, un ano máis, a vila de Rianxo.

O xóves 5 de xaneiro, dende as 17.30 horas, na Praza Castelao poderemos disfrutar do Belén Vivinte realizado coa colaboración da Asociación Fogo Fatúo.

Ás 18.30 horas está previsto que os Reis desembarquen no Porto de Rianxo. Desfilarán polo Paseo da Ribeira nas súas carrozas mariñeiras, acompañados da comitiva con animación musical e outras sorpresas... O recorrido será Paseo da Ribeira, rúa Rosalía de Castro, rúa dos Mestres, rúa Irmáns Ínsua, Rinlo e Praza Castelao.

Na Praza Castelao realizaran a súa tradicional ofrenda no Belén Vivinte e serán recibidos pola Corporación Municipal. Despois repartirán caramelos entre os nenos e nenas de Rianxo.

Ao remate, percorrido pola Rúa de Abaixo, Praza Rafael Dieste e Rúa Paio Gómez Chariño.

No caso de choiva, as actividades trasladaranse ao Pavillón.