Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica na Biblioteca Municipal

O vindeiro venres 17 de marzo ás 19.00 horas, Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica na Biblioteca Municipal Castelao de Rianxo

Recomendada para un público familiar con nenos e nenas de entre 4 e 10 anos.

Entrada de balde ata completar aforo.

Carmiña é unha pinga de auga moi miudiña. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. E é por iso polo que, no día do seu aniversario, a súa avoa lle agasalla un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos e facer fantásticos experimentos. No camiño, diferentes elementos da natureza fan que a nosa Carmiña Miudiña percorra o ciclo da auga.