Educación e Cultura

- Caxade en concerto o vindeiro 15 de agosto en Rianxo - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Caxade en concerto o vindeiro 15 de agosto en Rianxo

O vindeiro sábado 15 de agosto na Praza Rafael Dieste, ás 22.30 horas,  Caxade xunto coa súa banda presentarán en Rianxo o seu novo traballo A dança das moscas.

CAXADE é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo pos-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico, foi considerado Mellor Artista 2013 nos XIII Premios Opinión. Nominado aos "Premios Mestre Mateo", aos "Premios Galegos da Música" aos "Martín Códax" e gañou tamén o "Certame Música Xove"

Video presentación A dança das moscas