Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES: Quinteto Pentravesía

Continuando o Ciclo de Novos Intérpretes o vindeiro venres 17 de novembro, ás 21.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto a cargo do Quinteto Pentravesía.

 

Pentravesía: cinco viaxes, cinco intérpretes con espírito innovador, cinco ventos que sopran desde o mar e nos fan viaxar cos seus sons inspiradores.

Dentro do mundo da música de cámara hai formacións diversas, con maior ou menor número de intérpretes, e habitualmente cun común denominador para os instrumentos que os conforman. Historicamente a formación de quinteto de vento é das máis novas, aparecendo as primeiras composicións orixinais a principios do século XIX, afianzándose o grupeto no século XX ao convertirse nunha das opcións máis recurridas polos compositores de música para pequenos grupos do momento.

O quinteto que hoxe participa neste Ciclo de Novos Intérpretes nace no 2016, cando os seus membros se xuntan coa vontade de cultivar música cunha dose importante de creatividade, implicación, diversión e profesionalidade. Teñen claro que xuntarse para tocar é fabuoso, e cando ademais cada un dos membros dá o mellor de si, implicándose man a man cos compañeiros, o resultado pode ser dunha gran calidade musical e humana.

Sabela Galbán, Sara Fernández, Daniel González, Ana Vergara e Javier Sánchez. Tamén conxugados Rianxo, Compostela, Pontevedra, O Rosal e Ávila. Ou de como buscar o común denominador dunha frauta, un óboe, un clarinete, unha trompa e un fagote. Aínda que Pentravesía conta só cun ano de vida, os seus membros son músicos experimentados no quefacer musical. Formados nos seos das bandas de música que os viron medrar, titulados superiores en cadanseu instrumento, mestres de pequenos talentos e colaboradores habituais de orquestras sinfónicas do panorama estatal.

Un mar de música é o proxecto que nesta ocasión nos presenta Pentravesía. Nel artéllase o plano sonoro que é propio dun quinteto cun plano poético-visual. Músicas de Hahn, Taffanel, Mozart e Arnold mergulladas na poesía de Manuel Antonio -poeta do mar- e apoiadas polas imaxes mariñeiras de O lecer fai culleres.

Miñas donas, meus señores: respiren fondo, reláxense e preparen os cinco sentidos para recibir este mar de música, de gosto e recendo salgado, da man de Pentravesía.