Educación e Cultura

- CONCERTO: Música Popular Iberoamericana a cargo do Grupo A Misela - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

CONCERTO: Música Popular Iberoamericana a cargo do Grupo A Misela

O grupo A Misela ofrecerá un concerto arredor da Música Popular Iberoamericana. Será o vindeiro venres 20 de novembro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo.

As entradas teñen un custe de 4 € e poden adquirirse unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do Auditorio.

O grupo musical “A Misela” nace, a comezos do 2011, dunha iniciativa de socios da Sociedade Liceo de Noia que comparten o gusto común pola música popular hispanoamericana.

Pouco a pouco o grupo comeza a medrar en entusiasmo, calidade musical e novos integrantes, ata chegar aos 12 compoñentes actuais. Musicalmente o conxunto organízase en 12 voces masculinas acompañadas por instrumentos que están a cargo dos mesmos integrantes: guitarras, requinto, baixo acústico, percusión, charango, frauta, etc.

O perfil musical é moi amplo, apuntando a investigar e poñer en escena versións propias de cancións tomadas da música popular e folclórica de toda latinoamérica, así como tamén de España e particularmente de Galicia, con algunhas de propia creación.

A dirección musical está a cargo do Prof. Alejandro Guillermo, que fai os arranxos vocais e instrumentais e ten o seu cargo tamén a execución do baixo.