Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

CONCERTO: Chané na Habana

O Auditorio de Rianxo acolle a presentación dun disco único, Chané na Habana, no centenario do pasamento do xenial compositor José Castro Chané. Un concerto con 16 músicos en palco de diversas orixes xeográficas, que mesturan estilos e arranxos sobre as melodías de "Chané". Será o vindeiro 28 de outubro ás 21 h.

Concerto do Alejandro Vargas Consort e a Camerata Egeria, coa cantante Rosa Cedrón, para presentar o disco de Chané na Habana, gravado a finais de xullo no Auditorio de Galicia co gallo do centenario da morte do xenial autor José Castro "Chané". Arranxos actuais sobre o repertorio recuperado de Chané en clave de jazz cun quinteto de excepción arroupados por unha camerata de cordas de alto nivel.

Chané na Habana é o novo espectáculo musical d'a Central Folque, que xunta a un grupo de artistas do mundo do jazz, a clásica e o folk, reunidos especialmente para reinterpretar o repertorio de José Castro "Chané" no centenario do seu pasamento. Alejandro Vargas Consort & Camerata Egeria, coa cantante Rosa Cedrón, súbense ao palco para tocar, cantar e gravar as cancións do xenial compositor galego.

Co obxectivo de ofrecer unha visión nova e desprexuizada do clásico galego, abórdase a súa obra dunha forma inédita: desde o sentir musical cubano. Chané viviu e desenvolveu grande parte da súa obra na Habana, onde morreu. Hoxe, cen anos despois da súa morte, son unha selección de extraordinarios músicos liderados polos cubanos Alejandro Vargas e José Manuel Díaz os que abrazan e reelaboran o seu repertorio para devolvelo con unha nova vitalidade ao maxín popular galego.

Esta produción está promovida polo Concello de Santiago, o Concello de Coruña e a Deputación Provincial da Coruña, co apoio do Auditorio de Galicia e a Radio Galega, conta nesta ocasión coa colaboración do Concello de Rianxo.

A entrada é de balde ata completar capacidade. A retirada de entradas, máximo 2 por persoa, poderase facer unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio.