Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Ciclo de Música de Autor: Sonia Lebedynski

Sonia Lebendisky presenta o seu novo proxecto Deserto de Centos no Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 22 de abril ás 21.00 horas.

Deserto de Centos é o seu primeiro disco en solitario, despois de ser a "front-woman" de Fía na Roca e de colaborar en múltiples iniciativas musicais. Este disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira…

As entradas, cun custo de 10 euros poden adquirirse na billeteira do auditorio o propio día do concerto (apertura da unha hora antes do comezo do concerto). Reservas en cunde@cunde.gal

Trátase do primeiro concerto do Ciclo de Música de Autor que, ademais de a Sonia Lebedynski, traerá a Rianxo a outros artistas como Javier Ruibal (6 maio), Xiao Berlai (17 xuño) e Sés (outubro).