Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña publicou a convocatoria (BOP núm. 217, do xoves 14 de novembro do 2013) de subvención dirixidas a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro ou de carácter mercantil) con dúas convocatorias específicas, unha para a realización de actividades culturais e outra para a realización de investimentos culturais. Así como tamén convocatorias específicas para entidades que traballan noutras áreas como deportes, servizos sociais, promoción económica.


Neste ano presentan moitas novidades, e se cadra a máis significativa, é que se ten que tramitar de xeito TELEMÁTICO, e polo tanto requiren unha serie de requisitos como son os certificados dixitais (do/a presidente/a, secretario/a ou representante da entidade no caso de ser diferente aos dous cargos anteriores)

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 20 de decembro, ás 14.00 horas.

Toda a información pode obterse no seguinte enderezo electrónico http://www.dicoruna.es/subvencions/2014