Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

DE CATRO A CATRO, 90 aniversario da súa primeira edición

O poemario de Manuel Antonio, De catro a catro, está de aniversario: hai noventa anos que se imprimiu a súa primeira edición.

Para conmemorar esta efeméride, o Concello de Rianxo organiza unha serie de actividades:

VENRES 16 DE MARZO

Rúa de Abaixo, de 10:00 a 13:00 h

Pintura na rúa, lecturas e animación musical.

Auditorio (primeiro andar), 20:30 h

Charla-coloquio: "De catro a catro: un galego culto, moderno e mariñeiro", a cargo de Xosé Luís Axeitos (profesor e académico da RAG) e Anxo González Guerra (profesor, escritor e coautor do proxecto ogalego.eu), presentados por Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).

VENRES 23 DE MARZO

Auditorio, sala Arcos Moldes (teatro), 20:30 h

Presentación do nº 115 do suplemento A Voz de Barbantia e presentación do libro, "Manuel Antonio, vida e misterio dun poeta galego", de X. Ricardo Losada. Contarase coa presenza do autor, Antón Riveiro Coello (escritor), Xosé Luís Franco Grande (escritor), Francisco Castro (director xeral de Galaxia) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). Introducción e peche musical a cargo da Escola de Música de Rianxo.