Educación e Cultura

- En Asados representacións de Nosa Señora das Nubes do Grupo de Teatro Airiños - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

En Asados representacións de Nosa Señora das Nubes do Grupo de Teatro Airiños

Os domingos 15 e 22 de novembro terán lugar nas Escolas Vellas en Asados dúas novas funcións da  produción de Teatro Airiños, Nosa Señora das Nubes.

As funcións serán ás 19.00 horas.

As entradas son de balde ata completar o aforo do espazo.

SINOPSE:

Oscar e Bruna, dous exiliados dun país chamado Nosa Señora das Nubes, atópanse por acaso e rematan por tirar do fío dos recordos. É así como aparecen en escena unha troupe de personaxes extravagantes, aloucados pero moi divertidos: o pai empecinado en casar á filla, a vella Xosefa que non para de falar, o mesmísimo gobernador que berra e berra en escena, dous militantes contra o réxime, os irmáns Aguieira que non fan máis que piropear todo o día, o director da orquestra e a súa muller, farta de que a piropeen, un tolo poeta e mesmo un home que é quen de facer cousas imposibles. A través deles será como os espectadores poidan coñecer ese país, Nosa Señora das Nubes, do que tiveron que fuxir.

AUTORÍA: Arístides Vargas  TRADUCIÓN: Santi Cortegoso   DIRECCIÓN: Esther F. Carrodeguas

CORPO ACTORAL (17 actores): Ramona Fernández – Pablo García – Teresa Gey – Raquel Lodeiros – Lupe Mazariegos – Tino Miranda – Graciela Muñiz – Álvaro Ordóñez – Mucha Ordóñez – Luismi Ramos – Raquel Ramos – Merchi R. Pimentel – Bautista Romero – Mari Santos – Xesús Santos – Anxela Silva – Saro Varela – Segis Zúñiga

DESEÑO GRÁFICO: Raquel Ramos

ILUMINACIÓN: Francisco Gómez e Esther F. Carrodeguas