Educación e Cultura

- ESPECTÁCULO FAMILIAR: Nómades de Xarope Tulú - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

ESPECTÁCULO FAMILIAR: Nómades de Xarope Tulú

 

A compañía de teatro Xarope Tulú achégase a Rianxo coa proposta Nómades. A actuación realizarase o vindeiro venres 7 de xuño, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Público recomendado: familiar con nenos e nenas a partir de 5 anos.

Duración: 60 minutos

A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes na billeteira do Auditorio (máximo 2 por persoa).

A actuación forma parte do programa Escena ao Vivo da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Tres corpos de costas, dúas xaboeiras, unha chepa e ocos; moitos ocos.

Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou polos sucos nas pernas ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón…?

Nómades é un espectáculo de carácter visual dirixido a tódolos públicos: onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente , sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.