Educación e Cultura

- Estrea da obra A función do tequila - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Cultura e Educación

Estrea da obra A función do tequila

O sábado 28 terá lugar no Auditorio de Rianxo, ás 22:00 horas, a estrea da obra A FUNCIÓN DO TEQUILA, do dramaturgo e director teatral Manuel Guede, a cargo da Compañía TEATRO DO MORCEGO.

Esta obra foi gañadora do Premio Rafael Dieste 2011 de Teatro, da Deputación Provincial da Coruña.

As entradas dispoñibles para o público xeral, que serán gratuítas, poderán retirarse a partires das 20:30 horas do mesmo sábado, facilitándose un máximo de 2 por persoa e ata cubrir o aforo.

Esta obra ten unha especial importancia para Rianxo, non só por realizarse a estrea no noso Concello, senón porque a súa temática está intimamente vencellada co ilustre Rianxeiro A.D.R.Castelao.