Educación e Cultura

- Estrea de Lambetadas, de Talía Teatro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Estrea de Lambetadas, de Talía Teatro

Talía Teatro estrea na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o seu novo espectáculo familiar, Lambetadas. A función terá lugar o próximo venres 29 de novembro, ás 20.00 horas.

Espectáculo recomendado para familias con crianzas entre os 6 e os 11 anos.

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do Auditorio (máximo 2 por persoa).

Prioridade de acceso ao espectáculo do público recomendado. No caso de esgotar os convites, só se permitirá o acompañamento dun adulto por crianza.

Lambetadas é un espectáculo para público familiar e infantil, recomendado para nenas e nenos de 6 a 11 anos de idade, que ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. O traballo de creación baséase nos textos encargados ex profeso a varios autores (Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa), que son levados a escena baseándose no universo do clown e nas técnicas do teatro de obxectos. Mediante o xogo escénico e o humor, os dous protagonistas han pasar por diversas situacións cómicas que os levarán, sempre desde unha linguaxe naif e inocente, a encarnar múltiples personaxes con diferentes oficios e disciplinas. Pero han acabar descubrindo que a identidade está na propia lingua, porque con ela se poden saborear as lambetadas máis doces e variadas.