Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Exposición "20 anos a fondo coa solidariedade"

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a concellos e deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade, co enfoque dos Dereitos Humanos, cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos. O Concello de Rianxo é socio do Fondo.

Esta asociación cumpre en 2017 vinte anos de andaina e conmemórao con esta exposición, que pretende dar a coñecer a contribución das deputacións e concellos socios á construción dun mundo máis xusto ao tempo que se fomenta unha opinión pública favorable á cooperación internacional.

A exposición poderá verse dende o 10 ao 26 de novembro na rúa de Abaixo.