Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Festival de verán 2018 da Escola de Música de Rianxo

A Escola de Música de Rianxo pecha o curso 2017-2018 cun festival, que malia inicialmente estar prevista a súa realización no Campo de Arriba, tamén se traslada ao auditorio, por mor da inestabilidade atmosférica prevista. 

Neste festival, que se desenvolverá en 2 sesións, poderemos desfrutar das colaboracións e intervencións musicais do alumnado da Escola de Música de Rianxo que ao longo do curso acudiron ás clases de Práctica Instrumental (nas súas diversas modalidades e instrumentos), Música e Movemento, e Banda Infantil.

O festival será o vindeiro sábado 30 de xuño, en dúas sesións: 12:00  (sesión de mañá) e  19:00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Organiza: Escola de Música de Rianxo