Educación e Cultura

- FUNCIÓN SUSPENDIDA; Arnoia, Arnoia O CIRCO da casa pequena de Pistacatro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

FUNCIÓN SUSPENDIDA; Arnoia, Arnoia O CIRCO da casa pequena de Pistacatro

Por mor de causas alleas ao Concello de Rianxo o espectáculo Arnoia. Arnoia. O circo da casa pequena queda SUSPENDIDO.

O sábado 23 de novembro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo achégase o espectáculo Arnoia, Arnoia O CIRCO da casa pequena, unha coprodución de Pistacatro e o CDG dirixida por Quico Cadaval.

Está destinada a un público familiar, con crianzas maiores de 10 anos.

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)

O Circo da Casa Pequena presenta a historia dunha rapariga, Nmógadah, que se ve abandonada no medio dunha guerra, sen máis compañía que as bombas e o asubío das balas. A protagonista foxe da morte e bótase a un camiño no que non poderá distinguir os inimigos dos amigos. Unha odisea na que Nmógadah atravesará sinistras grutas e vertixinosas montañas, florestas musicais e mares tenebrosos, o pesado sofrimento da cadea e a levisima ensoñación da liberdade. Nesta aventura vai axudada polo Mestre Lionel e unhas criaturas prodixiosas que desafían a lei da gravidade: os artistas do circo. Acompañémola neste arriscado camiño de regreso á república de Arnoia! ¿Existirá realmente Arnoia, ou será un deses países soñados que desaparecen ao pasar a adolescencia?