Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

INTERRITMOS, baile e música tradicional

O II Festival INTERRITMOS: Baile e música tradicional, terá lugar o día 28 de xullo (de 21:00 a 00:00 h) na praza de Castelao en Rianxo (A Coruña).

Este certame está dirixido a solistas e grupos (legalmente constituídos) de música e baile tradicional, que sexan maiores de idade, e residan no estado español.

PREMIOS

De entre todos os participantes seleccionaranse cinco (5) finalistas, que terán dereito á gravación dun sinxelo e un vídeo promocional.

Á súa vez, dos cinco finalistas seleccionaranse os dous (2) gañadores do CONCURSO CULTIVANDO MÚSICA, para actuar e formar parte do cartel do FESTIVAL DA LUZ 2018 que se celebrará en Boimorto entre os días 7 e 9 do próximo mes de setembro.

PRAZO E FORMA DE INSCRICIÓN

  • Péchase o 16 de xullo de 2018, ás 14:00 horas.