Educación e Cultura

- IV Mostra de Teatro Alter Ego, O inspector de Teatro Muxicas - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

IV Mostra de Teatro Alter Ego, O inspector de Teatro Muxicas

O grupo de Teatro Muxicas achégase ao Auditorio de Rianxo coa peza premiada O Inspector.

A función é o venres 18 de outubro, ás 21.00 horas.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)

Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Inspector é unha comedia de ritmo frenético, onde dez actrices e actores, na súa maioría invidentes ou cunha discapacidade visual grave, dan vida nas táboas ao clásico texto de Nikolái Gógol, versionado e dirixido para esta ocasión por Tito Asorey.