Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Liñas de axudas para entidades culturais da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña acaba de abrir o prazo para a solicitude de axudas da área de cultura para entidades sen ánimo de lucro.

O prazo, para as diferentes convocatorias, remata o venres 27 de abril ás 14.00 horas.

Todo o proceso de tramitación da subvención realízase de xeito telemático na plataforma subtel da Deputación da Coruña polo que se precisan uns requirimentos técnicos (certificados dixitais, autosinaturas,...) para poder presentar a documentación.

Son convocatorias en concorrencia competitiva, con criterios obxectivos e xurados de persoas especializadas. En total, son case tres millóns de euros en seis liñas distintas que teñen como obxectivo animar a cultura que nace das propias entidades sociais:

  • Entidades sen ánimo de lucro para actividades culturais.
  • Entidades sen ánimo de lucro para investimentos.
  • Entidades sen ánimo de lucro para festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas.
  • Corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional e formacións musicais de gran formato para actividades.
  • Corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional e formacións musicais de gran formato para investimentos.
  • Entidades sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas para actividades culturais.
As convocatorias están recollidas no BOP núm. 56, do xoves 22 de marzo de 2018