Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

NOITES DE CINE: "O descoñecido" en Taragoña

O vindeiro domingo 13 de agosto, ás 22.30 horas, terá lugar en Campo de Pazos (Taragoña) a proxeción do filme "O descoñecido".

Carlos, executivo de banca, comeza a súa rutineira mañá na Coruña levando aos seus fillos ao colexio. Cando arrinca o
coche, recibe unha chamada anónima que lle anuncia que ten unha bomba debaixo do asento e que dispón apenas dunhas horas para reunir unha elevada cantidade de diñeiro; se non o consegue, o seu coche voará polo aire.
Premios Goya: Mellor montaxe e mellor son. Premios San Pancracio 2016 - Festival Solidario de Cinema Español de Cáceres -- Mellor dirección novel. 71 Medallas CEC 2016 - Círculo de Escritores Cinematográficos -- Mellor director revelación e mellor montaxe.Premios Mestre Mateo 2016 - Academia Galega do Audiovisual (4) -- Mellor película, director, guión e son.

Recomendada para persoas maiores de 12 anos.