Educación e Cultura

- Obradoiro de creación literaria As liñas no espello - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Obradoiro de creación literaria As liñas no espello

Persoas admitidas

Rematado o período de inscrición, pode consultar as persoas admitidas no seguinte documento:

Listaxe persoas admitidas

O obradoiro comezara o vindeiro sábado 5 de outubro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Rianxo.

 

A Escola de Escritores da AELG e o Concello de Rianxo convocan unha nova edición do Obradorio de creación literaria. Este ano baixo a denominación As liñas no espello, será tamén impartido polo novelista e poeta Antón Riveiro Coello, cunha sesión maxistral a cargo de Inma López Silva.

O obradoiro desenvolverase nos sábados de outubro, novembro e decembro, en horario de 11:00 a 13:00 horas, no Auditorio de Rianxo.

Está destinado a persoas maiores de 15 anos que teñan interese na escrita e na creación e ofértanse un total de 20 prazas (realizarase cun mínimo de 8 inscricións).

A inscrición, gratuíta, poderase realizar a partir do luns 9 de setembro, ás 13:00 horas, e ata o 26 de setembro, ás 14:00 horas, na web concelloderianxo.gal. As prazas asignaranse por orde de solicitude. Terán preferencia aquelas persoas que non participasen na primeira edición deste obradoiro (en 2018).

Bases de inscrición

Inscrición