Educación e Cultura

- Obradoiro de Poesía Erótica a cargo de María Lado - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Cultura e Educación

Obradoiro de Poesía Erótica a cargo de María Lado

Dentro da programación do FERVE A LINGUA, organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística vai desenvolverse outra proposta:

OBRADOIRO DE POESÍA ERÓTICA con maría lado

O obradoiro será impartido por María Lado e realizarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.

Terá lugar os sábados 15, 22 e 29 de marzo dende ás 10.30 a 13.30 horas.

No obradoiro pretenderase achegar aos participantes á escrita de poesía e, concretamente, de poesía erótica a través de exercicios lúdicos que aporten ferramentas para a escrita, como son os chamados "disparadores" (ferramentas que facilitan o inicio da escrita).

O obxectivo é que os participantes coñezan e escriban poesía erótica, partindo da práctica da escrita e tamén da lectura de modelos que empregaremos como punto de partida, xa sexa a través da copia, a reinterpretación, a transformación, contraposición... etc.  
 
Tamén se fará lectura dos textos dos participantes e o seu comentario entre todos, de maneira que adquiran a noción da importancia da crítica. Finalmente a través da lectura dos textos propios traballarase tamén cos participantes a lectura en público, as ferramentas das que dispoñemos para facelo e o resultado que procuramos no espectador. Esta parte preparatoria da lectura en público está baseada en exercicios sinxelos inspirados na práctica teatral e na oratoria. procúrase, ante todo, descubrir e respectar o estilo propio de cada participante.
 
Se estás interesado/a en participar, tes ata o 14 de marzo ás 14.00 horas para inscribirte, cubrindo a ficha de inscrición na seguinte ligazón:
 
Máis información en cultura@concelloderianxo.es