Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Obradoiro e conferencia do escritor Pier Franco Brandimarte

O escritor italiano Pier Franco Brandimarte é o segundo residente do Programa de Residencias de pensadoras/es e escritoras/es que o Concello de Rianxo e Axóuxere Editora comezaron novamente a desenvolver este ano 2017. O escritor estará no espazo da Residencia que Axóuxere Editora ten na aldea de Brión até inicios de agosto deste ano.

O escritor italiano ofreceranos un obradoiro de escrita creativa, «To Be Here (A Day in Rianxo)»entre a tarde do venres 21 e o domingo 23 de xullo, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste, 1) e na casa de Axóuxere Editora (Brión 64, Leiro).

Así mesmo, ofrecerá unha conversa literaria«Prender L’Amalassunta»o venres 21 de xullo ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste, 1). Na ligazón de embaixo pódese atopar máis información tanto sobre o seminario como sobre a conferencia.

A participación no seminario é de balde pero faise preciso inscribirse previamentePara inscribirse no seminario hai que enviar un correo electrónico ao enderezo info@axouxerestream.com co asunto «Inscrición ao obradoiro de escrita de Pier Franco Brandimarte» ou ben chamando aos teléfonos 981 860 371 / 634 532 896 / 659 843 761 (Axóuxere Editora), sendo a data límite o xoves 20 de xullo. Para calquera dúbida ou información concreta pódese chamar a calquera dos anteriores números ou ben escribir ao enderezo electrónico referido. Para asistir á conversa literaria non fai falla realizar unha inscrición previa.