Educación e Cultura

- Pinturas de Mirta Zaliauskas - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Pinturas de Mirta Zaliauskas

A Sala de exposicións do Auditorio de Rianxo acollerá do 25 de outubro ao 23 de novembro a exposición da artista Mirta Zaliauskas.

É unha artista plástica que estudou na escola de Belas Artes Carlos Morel de Quilmes (Arxentina). Recibiuse de profesora superior de artes visuais. Realizou estudos en Italia no obradoiro de Miguel Anxo en Carrara para a súa especialización na escultura e no obradoiro de BOTTERO na técnica de fundición.  No ano 1995 realizou unha exposición no Museo Nacional de Vilnius, capital de Lituania. Onde expuxo debuxos e esculturas. No mesmo ano expuxo en Roma na Fundación Sinaide. En Arxentina durante a súa carreira participou en diversas exposicións, simposios, etc. Exerce como docente fai 25 anos na provincia de Bos Aires, ten o Título de Informática Educativa e o Profesorado de Educación Física.