Educación e Cultura

- Presentación da pre-estrea de Calypso a cargo da compañía Voadora - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Presentación da pre-estrea de Calypso a cargo da compañía Voadora

Na mañá de hoxe presentouse no Auditorio de Rianxo a nova produción, CALYPSO, da compañía teatral Voadora que se representará os vindeiros xoves 29 (función escolar) e o venres 30 de outubro.

Voadora atópase dende fai unhas semanas realizando unha Residencia no Auditorio de Rianxo co fin de preparar esta nova montaxe e realizar a súa pre-estrea. Calypso é o novo  espectáculo de VOADORA en coprodución co Concello de Rianxo, co apoio da Agadic, a colaboración de Pousadas de Compostela e La Flor. Creado en residencia na Aula de Teatro U.S.C.

Na rolda de prensa estiveron presentes Marta Pazos, dirección/interprete; Hugo Torres, composición musical/interprete; Diego Anido, interprete ademais de Raquel García, concelleira de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización e Adolfo Muíños Alcade de Rianxo.

A obra está recomendada para maiores de 14 anos.

A entrada é de balde, ata completar aforo. Retirada de invitacións unha hora antes do comezo da representación (máximo 2 por persoa)