Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Presentación do libro, O Alén dos Barqueiros de Anxo Muíños

O rianxeiro Anxo Muíños presenta o venres 5 de abril, ás 19.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo a súa obra O alén dos barqueiros publicada na Editorial Fanes.

O sueco Ingemar sostén que a mitoloxía é a forma de psicoloxía máis antiga. Desvelar os misterios da vida a través das lendas é a paixón do estudante, algo que desexa plasmar nunha tese doutoral. O mito de Ulises buscando Itaca inspiralle facer unha viaxe ata Lisboa en busca de crecemento persoal. Na fronteira un comandante sospeita que o antropólogo é un espía soviético. En Portugal atopa a Salomé e continúan a andaina xuntos escoitando mitos de árbores sagradas, monstros mariños, espítitos das augas, labirintos, animais totémicos e barcos pantasmas.

«O alén dos barqueiros» non é un ensaio (mais éo), nin é un dicionario mitolóxico (xaora que o é); pois é, outramente e por riba de todo, unha composición narrativa complexa e completa. É dicir, unha novela en toda a extensión do concepto.