Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

PRESENTACIÓN DO LIBRO: "Os bolechas, unha historia rianxeira", de Pepe Carreiro

Na Biblioteca Municipal Castelao de Rianxo terá lugar, o vindeiro xoves 8 de xuño, ás 18.00 horas, a presentación do libro Os bolechas, unha historia rianxeira de Pepe Carreiro.

No acto, ademáis do autor, estarán presentes Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo, e Raquel García, concelleira de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización.

Os Bolechas están en Rianxo coa súa amiga Baia, unha nena rianxeira. Guadalupe, a bisavoa de Baia, cóntalles a historia dunha foto onde saen ela cando era pequena e Castelao, o artista e político galeguista, que tamén era rianxeiro.

O libro estará á venda na Casa Museo de Manuel Antonio cun prezo de 5 €.