Educación e Cultura

- Presentación do suplemento cultural de Barbantia e primeiro volume da Obra Completa Manuel Antonio - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Presentación do suplemento cultural de Barbantia e primeiro volume da Obra Completa Manuel Antonio

O videiro venres 29 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o acto de presentación do núm. 76 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así coma a presentación do primeiro volume da Obra Completa de Manuel Antonio, editada conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

No acto estarán presentes, amais de Xosé Luís Axeitos, editor literario; Diego Rodríguez, bibliotecario da Fundación Barrié; Xesús Santos Suárez, escritor e socio de Barbantia; e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo. Asemade, como apertura e peche do mesmo acto, terá lugar a estrea de diversas composicións do pianista rianxeiro Iago Hermo Martínez.