Educación e Cultura

- Puño, puñete. Espectáculo de música para crianzas de 1 a 7 anos - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Puño, puñete. Espectáculo de música para crianzas de 1 a 7 anos

O vindeiro venres, 11 de outubro, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación do espectáculo Puño, puñete a cargo de Baobab Teatro.

O espectáculo musical está destinado a crianzas entre 1 e 7 anos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada desde unha hora antes na billeteira do Auditorio. Máximo 2 por persoa.

Priorizarase o acceso ao espectáculo do público recomendado.

A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Puño, Puñete é un espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral. Partindo de:

Puño Puñete, que tes por dentro?

Pan e fermento

Puño Puñete, que tes por fóra?

Pan e cebola

Convidamos os cativos/as cos seus papás e mamás a descubrir un mundo de sensacións e emocións.