Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

REDE CULTURAL: bases reguladoras da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña e convocatoria para 2018

No BOP de hoxe saen publicadas as BASES REGULADORAS DA PROGRAMACIÓN DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E CONVOCATORIA PARA 2018 ( BOP núm. 236, do 14 de decembro de 2017).

 

A Rede Cultural da Deputación da Coruña pretende contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e o seu achegamento aos concellos, fomentando, ao mesmo tempo, o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero. Con este fin convoca para 2018 catro programas de difusión cultural:

  • ESCENA AO VIVO! Categoría profesional: programa de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, danza e música para concellos.
  • VISIÓNS. Categoría profesional: programa de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
  • ALICERCE. Categoría non profesional: programa de grupos de música, danza e teatro non profesionais para concellos e entidades.
  • LINGUA A ESCENA! Categoría profesional: programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega para concellos.

Os prazos da convocatoria son os seguintes:

PRIMEIRA FASE: inscrición de espectáculos

  • Inicio: o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP, 15 de decembro de 2017
  • Fin: mércores, 27 de decembro de 2017, ás 14.00 h

SEGUNDA FASE: solicitude de espectáculos

  • Inicio: mércores, 7 de febreiro de 2018, ás 00.00 h
  • Fin: martes, 20 de febreiro de 2018, ás 14.00 h

TERCEIRA FASE: resolución

  • A resolución de adxudicación dos espectáculos realizarase antes do 22 de marzo de 2018

CUARTA FASE: xustificación

  • Inicio: o día seguinte ao da sinatura dos convenios
  • Fin: 15 de febreiro de 2019

De precisar unha maior información e/ou asesoramento respecto desta convocatoria, pode dirixirse ás Oficinas da Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización sitas no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, no teléfono 981 100 688  ou ben no enderezo electrónico cultura@concelloderianxo.gal