Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

REDE CULTURAL da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña ven de publicar as bases reguladoras para o programa REDE CULTURAL.

O programa ten o obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero, convoca os seguintes tres programas de difusión cultural:

  • ESCENA AO VIVO: Programa de espectáculos profesionais de teatro e monicreques para concellos, Ciclo de espectáculos de intérpretes profesionais de música para concellos e Programa de espectáculos de compañías profesionais de danza para concellos (Categoría profesional)
  • VISIÓNS: Programa de cinema e contidos audiovisuais para concellos (Categoría profesional)
  • ALICERCE: Programa de grupos de música, danza e teatro non profesionais para concellos e entidades (Categoría non profesional)
PRAZOS
INSCRICIÓN DE ESPECTÁCULOS

Para espectáculos da categoría profesional e tamén para entidades non profesionais con grupos de música, danza e teatro que queiran forman parte do catálogo da Rede Cultural 2017
Ata 20 de xaneiro de 2017, as 14:00 h.

SOLICITUDE DE ESPECTÁCULOS

Para entidades e concellos

Inicio: 23 de febreiro de 2017, ás 00.00 h.
Fin: 10 de marzo de 2017, as 14:00 h.     

RESOLUCIÓN

A resolución de adxudicación dos espectáculos realizarase antes do 31 de marzo de 2017.

XUSTIFICACIÓN

Inicio: o día seguinte ao da sinatura dos convenios
Fin: 15 de febreiro de 2018

BOP, do luns 9 de xaneiro