Educación, Cultura e Normalización Lingüística Educación, Cultura e Normalización Lingüística

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Educación, Cultura e Normalización Lingüística Educación, Cultura e Normalización Lingüística

Atrás

REDE CULTURAL, apertura do prazo para solicitar actuacións

A Deputación da Coruña, co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero, convoca o programa REDE CULTURAL.

Segunda fase: PRAZO DE SOLICITUDE DE ESPECTÁCULOS
  • Inicio: 23 de febreiro de 2017, ás 00.00 h.
  • Fin: 10 de marzo de 2017, as 14:00 h.

Na programación ALICERCE (Programa de grupos de música, danza e teatro non profesionais para concellos e entidades) poderán contratar  as entidades sen ánimo de lucro da provincia, xuridicamente constituídas, que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.