Educación e Cultura

- Regata de socios do Club Náutico - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Regata de socios do Club Náutico

O vindeiro sábado día 1 de agosto, ás 15:30 horas, o Club Náutico de Rianxo celebra a súa tradicional Regata de Socios e como é habitual convida a todas aquelas persoas maiores de 16 anos que o desexen, a enrolarse nas tripulacións dos veleiros participantes.

Asemade, para aqueles que non queiran participar na regata, pero estean interesados no seguimento da mesma, poderán facelo nos barcos de motor habilitados ao efecto. Ao finalizar a proba, haberá un ágape e entrega de premios nas instalacións do Club.

Os interesados deberán inscribirse nas oficinas do Club Náutico de Rianxo (981866107), de luns a sábado, en horario de 10:00 a 13:00 horas, antes do 29 de xullo.