Educación e Cultura

- Residencia de escritoras/es e pensadoras/es no Verán 2019 - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Cultura e Educación

Residencia de escritoras/es e pensadoras/es no Verán 2019

AVISO: a conferencia e o obradoiro de María Ovelar realizarase no Cuartel Vello de Rianxo, que se atopa na Praza de Castelao en Rianxo.

No mes de agosto comezan as residencias de escritoras/es e pensadoras/es organizadas por Axóuxere Editora, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo e que se desenvolverán entre o devandito mes e mediados de decembro.

As persoas seleccionadas foron cinco: María Ovelar (agosto), Marina García López (agosto/setembro), Raquel Ferrández Formoso (outubro), Henrique Komatsu (novembro) e Joelle Saliba (novembro/decembro).

En agosto estará María Ovelar, do venres 16 ao domingo 28, cun obradoiro de escrita titulado Palabra de escritor e unha conferencia A Literatura é redonda. Sobre os libros infinitos e a circularidade do tempo narrativo.

Na quenda de Marina García López, do venres 23 ao domingo 25 de agosto, o obradoiro ten o título de De Rianxo para o mundo. Análise e aportes da obra gráfica galega de Castelao e Eduardo Dieste no río da Prata e a conferencia Modernidade na pegada gráfica de Castelao e Eduardo Dieste.

A asistencia ao obradoiro e o seminario é de balde, previa inscrición até completar aforamento (15-20 persoas)

Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo info@axouxerestream.com ​​​​​​​co asunto "INSCRICIÓN AO OBRADOIRO/SEMINARIO DE MARÍA OVELAR/MARINA GARCÍA" (poñer un nome ou outro segundo o caso); ou ven chamar aos teléfonos 981 8602 371 / 659 843 761 / 634 532 896.

A data límite de inscrición é o día anterior ao comezo do obradoiro.

Descarga dossier informativo