Educación e Cultura

- Son galego, Son Cubano o espectáculo musical de Roi Casal en Rianxo - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Son galego, Son Cubano o espectáculo musical de Roi Casal en Rianxo

O vindeiro sábado 20 de xullo, ás 20.30 horas, a Praza Castelao Roi Casal presenta un gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia Son galego, Son Cubano.

Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores dende a súa posta en escena en Cuba. Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das súas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

A actuación forma parte do programa Verán Cultural 2019 que organiza o Concello de Rianxo ao abeiro do Programa Cultura no Camiño 2019 da Agadic da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.​​​​​​​

Máis información no sitio web Son galego, Son cubano