Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

TEATRO: O ÚLTIMO DRAGÓN, de Sarabela Teatro

O vindeiro venres 26 de maio, ás 20.30 h, terá lugar, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a representación teatral: O último dragón, a cargo de Sarabela Teatro.

O dragón da nosa peza non é un dragón común. Trátase do derradeiro da súa especie. Porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo se achegan ao fondo da cova onde vive para acabar con el e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a se mover: “Para que vou eu querer unha princesa? Nin sequera se me ocorrería comer unha cousa tan horrible”- di con xigantesco asombro.

Á princesa Celia tampouco lle chista pasar á historia como a causante da extinción definitiva dos dragóns e, moito menos, ter que ser rescatada por un príncipe. Todos os que coñece son bastante parvos e, desde logo, moito menos hábiles ca ela coa espada.

A peza está recomendada para un público familiar, nenos e nenas maiores de 5 anos.

Entrada de balde ata completar aforamento; reparto de convites (máximo 2 por persoa), unha hora estes do comezo da función.

A proposta teatral forma parte do programa Cultura no Camiño 2017, coordinado por Turismo de Galicia e pola Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria a través da Agadic, e co patrocinio de Gadis.