Educación e Cultura

- TEATRO: GO ON ! de Producións Malasombra - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TEATRO: GO ON ! de Producións Malasombra

O sábado 15 de novembro, ás 21.00 horas, a compañía de teatro Malasombra volve ó Auditorio de Rianxo, agora coa representación de GO ON !, unha odisea cómica escrita por José Luis Prieto e dirixida por Marcos Orsi na que os actores Xoque Carbajal e Jouse García interpretarán a dous exploradores espaciais que entraron nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

A obra está recomendada para todos os públicos.

As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función.

A función está enmarcada no programa Outono Cultural que organiza a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.