Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Teatro: ELISA E MARCELA. Historia que parece conto, a cargo de A Panadaría

A companía teatral A Panadaría representa na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a súa nova produción: Elisa e Marcela. Historia que parece conto.

A función terá lugar o vindeiro xoves 5 de outubro ás 21.00 horas.

Está recomendada para maiores de 12 anos e ten unha duración de setenta minutos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Pódense retirar (máximo 2 por persoa) unha hora antes na billeteira do auditorio.

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña.

Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o Estado, mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da Historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.