Educación e Cultura

- TEATRO: "Hemos venido a darlo todo" de Voadora Teatro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Cultura e Educación

TEATRO: "Hemos venido a darlo todo" de Voadora Teatro

A compañía de teatro Voadora atópase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando o seu novo espectáculo teatral "Hemos venido a darlo todo" .

A preestrea da nova produción realizarase en Rianxo o xoves 24 de xaneiro, ás 20.30 horas.

O espectáculo conta con efectos de iluminación estroboscópica. Atención persoas epilépticas.

Está recomendada para un público maior de 14 anos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).

"Hemos venido a darlo todo" é o noso manifesto, o noso manual e o noso pacto coa experiencia escénica desde o brillo de todos os seus elementos: o movemento, a música e as imaxes. Un compromiso co teatro que se sinte, máis que co que se pensa, para o que precisamos de todos os vatios, todo o talento e toda a imaxinación do mundo. Queremos asinar co aquí e o agora, co inesquecible e con todas esas cousas que o espectador non pode atopar en ningún sitio mais que nunha sala de teatro.