Educación e Cultura

- TEATRO: Despois das ondas, premio Rafael Dieste de textos teatrais 2017 - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TEATRO: Despois das ondas, premio Rafael Dieste de textos teatrais 2017

O vindeiro 4 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral Despois das ondas a cargo de Butaca Zero.

Un filme feito en directo. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares.

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada 1 antes da función (2 por persoa).

A peza recibiu o XVIII Premio "Rafael Dieste" de Textos Teatrais 2017 da Deputación da Coruña.

Recomendada para maiores de 12 anos.

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.

A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?

Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.