Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Teatro do Antroido presenta BailadELAS Mulleres Bolañesas

O próximo sábado 4 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación de BailadELAS a cargo de Teatro do Antroido de Roi Vidal sobre textos de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Xavier Estévez coa interpretación de Laura Ponte.

A obra está destinada a un público maior de 12 anos e as entradas, que teñen un custe de 5 €, poden retirarse unha hora antes do comezo da función.

Trátase dun espectáculo composto por seis cadros escénicos tirados dos textos de Roberto Vidal Bolaño: Laudamuco, señor de ningures (Premio Abrente 1976), Bailadela da morte ditosa (Premio Abrente 1980), Saxo tenor (Premio Álvaro Cunqueiro 1991), Días sen gloria (Premio Rafael Dieste 1992, Finalista do Premio Nacional de Literatura 1992), Rastros e Criaturas (Premio Eixo Atlántico 2000, Premio Max 2001). En contra da opinión xeneralizada, este espectáculo fala da importancia da muller bolañesa e intenta pescudar as liñas mestras que caracterizan as súas personaxes femininas, demostrando até que punto a muller encontra en todo o conxunto bolañés un papel en sintonía coa constante exaltación
da dignidade humana e a loita pola liberdade presentes ao longo de toda a súa obra.