Educación e Cultura

- Teatro, Falar por falar de Volta e Dálle Teatro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Teatro, Falar por falar de Volta e Dálle Teatro

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Carlos Santiago e Pepe Penabade da compañía Volta e Dálle Teatro representan o espectáculo Falar por falar.

O día da función é o venres 22 de novembro, ás 21.00 horas.

Está destinado a un público adulto.

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa).

Proposta do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Falar por falar, un espectáculo sobre a nosa lingua. Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma e case dous séculos de rexurdimento civil e literario o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas.
Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño. Moita xente mamouna no berce, outra demorou en romper a falala e hai quen nunca a falou nin nunca a falará. Por iso, Falar por Falar proponnos un achegamento á realidade da lingua desde a propia vivencia dos falantes e os non falantes.