Educación e Cultura

- TEATRO: Kassa a cargo de Elefante Elegante Teatro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TEATRO: Kassa a cargo de Elefante Elegante Teatro

A compañía de teatro Elefante Elegante achégase ao Auditorio de Rianxo coa produción KASSA, será o vindeiro sábado 28 de novembro ás 20.30 horas.
KASSA reflexa a temática da vivenda. No inicio da acción a sociedade é seductora, próspera e optimista. A casa, coma un agasallo envolto en papel colorido, representa a realización do soño, da unión e da felicidade familiar. Pero un día esgótanse os recursos económicos colectivos e a família deixa de poder pagar as prestacións do seu soño. Que sorpresas lles reservará o futuro?. KASSA é un espectáculo de teatro visual, inspirado en “La Metamorfosis” de Franz Kafka, que se desenvolve ao redor dos principios da escultura. A estructura escenográfica, os actores, os bailaríns e as videoproxeccións constituen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, das luces e dos textos. Técnicas como o Video-mapping, a capacidade de xiro da estructura escenográfica e o uso do “live cinema” dotan a KASSA dun dinamismo especial moi estimulante que envolve o espectador na emoción da acción.

Recomendada para maiores de 12 anos.

A entrada é de balde ata completar aforo. As invitación poden recollerse unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa)