Educación e Cultura

- TEATRO: Misión Sapiens a cargo da compañía Malasombra - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TEATRO: Misión Sapiens a cargo da compañía Malasombra

O vindeiro venres 3 de outubro, ás 21.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral Misión Sapiens a cargo da compañía Malasombra.

Misión Sapiens é un espectáculo de autoaxuda que en menos de dúas horas transformará ao público nun ser humano culto, educado e capaz de manter unha conversa sobre calquera tema sen quedar como un burro. A obra está destinada a un público maior de 16 anos.

As entradas son gratuítas e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo do espectáculo.