Educación e Cultura

- TEATRO: Nosa Señora das Nubes a cargo de Teatro Airiños - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TEATRO: Nosa Señora das Nubes a cargo de Teatro Airiños

O venres 6 e o sábado 7 de novembro terán lugar no Auditorio dúas funcións da nova produción de Teatro Airiños, Nosa Señora das Nubes.

As funcións serán ás 21.00 horas.

A entrada ten un custe de 2 € e pode adquirirse de maneira anticipada nos seguintes puntos de venda: Bar Berberecho, Estanco Xacobiño, Perruquería Pelos e Cafetería Castelao, ou senon unha hora antes do comezo das funcións no Auditorio de Rianxo

SINOPSE:

Oscar e Bruna, dous exiliados dun país chamado Nosa Señora das Nubes, atópanse por acaso e rematan por tirar do fío dos recordos. É así como aparecen en escena unha troupe de personaxes extravagantes, aloucados pero moi divertidos: o pai empecinado en casar á filla, a vella Xosefa que non para de falar, o mesmísimo gobernador que berra e berra en escena, dous militantes contra o réxime, os irmáns Aguieira que non fan máis que piropear todo o día, o director da orquestra e a súa muller, farta de que a piropeen, un tolo poeta e mesmo un home que é quen de facer cousas imposibles. A través deles será como os espectadores poidan coñecer ese país, Nosa Señora das Nubes, do que tiveron que fuxir.

AUTORÍA: Arístides Vargas  TRADUCIÓN: Santi Cortegoso   DIRECCIÓN: Esther F. Carrodeguas

CORPO ACTORAL (17 actores): Ramona Fernández – Pablo García – Teresa Gey – Raquel Lodeiros – Lupe Mazariegos – Tino Miranda – Graciela Muñiz – Álvaro Ordóñez – Mucha Ordóñez – Luismi Ramos – Raquel Ramos – Merchi R. Pimentel – Bautista Romero – Mari Santos – Xesús Santos – Anxela Silva – Saro Varela – Segis Zúñiga

DESEÑO GRÁFICO: Raquel Ramos

ILUMINACIÓN: Francisco Gómez e Esther F. Carrodeguas