Educación e Cultura

- Teatro: Papar sen cancelas - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Teatro: Papar sen cancelas

O vindeiro venres, 8 de novembro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación do espectáculo Papar sen cancelas a cargo de Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada desde unha hora antes na billeteira do Auditorio. Máximo 2 por persoa.

A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Web informativa de Papar con cancelas

"Un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua. Linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas, linguas para todos os gustos! Poderedes presenciar as artes para a cociña cómica de tres xeniais chefs preparando o menú para personaxes entre o máis distinguido do panorama galego actual. Comedia de alta cociña sobre a cultura galega. Porque en Galicia cómese ben, e fálase mellor"