Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

TEATRO: Romeo e Xulieta, a cargo de Teatro Airiños

O Grupo Teatro Airiños de Asados regresa á Sala Arcos Moldes coa produción Romeo e Xulieta, adaptación de Esther F. Carrodeguas do clásico de William Shakespeare. A función terá lugar o venres 9 de marzo ás 21.00 horas.

Teatro Airiños atrévese este ano co clásico de Shakespeare, Romeo e Xulieta, pero por suposto, para darlle unha volta e levalo ao terreo que mellor dominan: a comedia. En todo caso, esta estrafalaria versión dunha das, posiblemente, obras máis representadas de todos os tempos, manterá a súa esencia: enfrontamentos entre familias que se odian, amor eterno da última xeración, loitas en escena e, sobre todo, moita música. Unha obra para desfrutar só ou en familia que nos recordará, coma sempre en Shakespeare, que a vida é amor… pero tamén odios.

A entrada ten un custo de 2 €. Pódese adquirir en venda anticipada no Bar Berberecho, na Perruquería Pelos e no Estanco Xacobiño, e na billeteira do Auditorio unha hora antes do comezo da función.