Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

TEATRO: "Romeo e Xulieta", polo Grupo de Teatro Airiños de Asados

O Grupo de Teatro Airiños de Asados estrea, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova produción a partir do clásico de Shakespeare Romero e Xulieta, de Esther F. Carrodeguas.

A función representarase, ás 21.00 horas, tres días: o xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de outubro.

A entrada ten un custo de 2 € e pode mercase anticipadamente no Bar Berberecho, Perruquería Pelos e Estanco Xacobiño. Tamén se pode adquirir o mesmo día da función, unha hora antes do comezo, na billeteira do auditorio.

Teatro Airiños atrévese este ano co clásico de Shakespeare Romeo e Xulieta, pero por suposto, para darlle unha volta e lévao ao terreo que mellor dominan: a comedia. En todo caso, esta estrafaralia versión dunha das, posiblemente, obras máis representadas de todos os tempos, manterá a súa esencia: enfrontamentos entre familias que se odian, amor eterno da última xeración, loitas en escena, e sobre todo, moita música. Unha obra para desfrutar só ou en familia que nos recordará, coma sempre en Shakespeare, que a vida é amor… pero tamén odios.

DIRECCIÓN: Esther F. Carrodeguas

DURACIÓN: 90 minutos

CORPO ACTORAL (16 actores): Ramona Fernández – Pablo García – Teresa Gey – Raquel Lodeiros – Lupe Mazariegos – Tino Miranda – Graciela Muñiz – Álvaro Ordóñez – Mucha Ordóñez – Raquel Ramos – Merchi R. Pimentel – Bautista Romero – Mari Santos – Anxela Silva – Saro Varela – Segis Zúñiga

ILUMINACIÓN: Francisco Gómez e Esther F. Carrodeguas

DESEÑO GRÁFICO: Francisco Gómez