Educación e Cultura

- TEATRO: O Furancho a cargo de Ibuprofeno Teatro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TEATRO: O Furancho a cargo de Ibuprofeno Teatro

Ibuprofeno teatro achégase unha vez máis ao Auditorio de Rianxo, nesta ocasión coa produción O Furancho onde MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO interpretan a unhas Furancheiras Multidisciplinares.

A función será o vindeiro sábado 21 de novembro ás 20.30 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. As invitación poden recollerse unha hora antes do comezo.

No seu particular furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante. E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.