Educación, Cultura e Normalización Lingüística Educación, Cultura e Normalización Lingüística

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Educación, Cultura e Normalización Lingüística Educación, Cultura e Normalización Lingüística

Atrás

UNED SENIOR: segundo cuadrimestre na Aula de Rianxo

Ata o 10 de febreiro ábrese o prazo para a preinscrición na Uned Senior do segundo cuadrimestre do curso 2016-2017 da Aula de Rianxo do Centro Asociado da Coruña.

As materias que se van impartir neste cuadrimestre son as seguintes:

- INFORMÁTICA I (básico) Manexo do ordenador para comunicacións e redes sociais por Diego Rodríguez  
- INFORMÁTICA II (avanzado) Manexo do ordenador para comunicacións e redes sociais por Diego Rodríguez
- CULTURA MUSICAL da Galiza por José Luis do Pico Orjais
- MEMORIA ESCOLAR E SOCIEDADE en Galicia durante os séculos XIX E XX por Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez
- INTRODUCIÓN Á HISTORIA de Galicia por José Antonio González Vilariño
- TEXTOS LITERARIOS: da lectura á creación por Eulalia Agrelo

Impartiránse cunha duración de dúas horas semanais durante os meses de febreiro a xuño e ten unha custe de 50 € por materia.

Terán  preferencia as  persoas maiores de 50 anos así como tamén aquelas que xa cursaron a materia no primeiro cuadrimestre

O prazo de preinscrición comeza o martes 31 de xaneiro ata o 10 de febreiro.
MÁIS INFORMACIÓN, PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA:
- Auditorio de Rianxo: Rúa Autores da Rianxeira s/núm. Telf. 981 100 688
- Correo electrónico: unedsenior@concelloderianxo.gal
- Preinscrición en liña: http://rianxo.gal/unedsenior/preinscricion (a partir do martes 31 de xaneiro)